Miguel de Cervantes, Premio

Miguel de Cervantes, Premio
[LIT]

Galardón literario anual instituído en 1974 coa intención de premiar unha obra literaria completa que contribuíra ao patrimonio cultural hispánico. A Real Academia Española de la Lengua, as academias doutros países de fala hispana e os premiados en anos anteriores encárganse da presentación dos candidatos. O xurado, presidido polo ministro de Cultura e Educación, outorga o premio nun acto solemne que se celebra o día 23 de abril e que ten unha dotación económica de 90.000 euros. Dos galardoados cómpre destacar a Jorge Guillén (1976), Dámaso Alonso (1978), Jorge Luis Borges e Gerardo Diego (1979), Rafael Alberti (1983), Gonzalo Torrente Ballester (1985), Camilo José Cela (1995), Francisco Umbral (2000) e Gonzalo Rojas (2003).

Palabras veciñas

Miguel | Miguel Anxo | Miguel Cerulario | Miguel de Cervantes, Premio | Miguel de Rusia | Miguel dos Santos, san | Miguel Esteban