Miguel dos Santos, san
Miguel dos Santos, san
(Vic 1591 - Valladolid 1625) Relixioso. De nome Miquel Argemir i Mitjà, en 1603 ingresou no convento dos trinitarios descalzos de Barcelona e en 1608 no de Oteiza (Iruña). Posteriormente foi nomeado prelado do convento de Valladolid (1622-1623). Foi canonizado en 1862. A súa festividade celébrase o 14 de maio.