Miguel González Garcés, Premio de Poesía en Lingua Galega
Miguel González Garcés, Premio de Poesía en Lingua Galega
[LIT]
Premio de poesía convocado pola Deputación da Coruña (1991), en que son galardoados os autores que presentan obras inéditas e non premiadas en lingua galega. As obras, de temática libre, deben ter unha extensión non inferior aos trescentos versos. Entre outros, resultaron premiados Luz Pozo Garza (Prometo a flor de loto, 1992), Manuel Álvarez Torneiro (Luz de facer memoria, 1998), Xosé María Álvarez Cáccamo (Vocabulario das orixes, 1999) e Román Raña Lama (Eloxio da desorde, 2002).