miliario
(< lat milliarĭu)
-
adx
Relativo ou pertencente á milla.
-
[HIST]
-
adx e s
m
Aplícase á columna de pequeno tamaño que os romanos situaban nas vías de comunicación máis importantes que indicaba a distancia en millas desde ese punto a Roma ou a outra cidade importante do Imperio. De forma e alturas variables, moitos deles movéronse do seu emprazamento orixinal ou foron reutilizados con distintos fins. En Galicia atopáronse numerosos miliarios, sobre todo na provincia de Ourense no percorrido da Via XVIII. Destacan o miliario de Calígula (40) e o de Graciano (367-383).
-
miliario áureo
Columna que, antigamente, indicaba as distancias desde Roma ata os últimos extremos do Imperio. Chamouse así polas letras de bronce dourado coas que se indicaban estas distancias. En tempos de Augusto situouse no foro, preto da tribuna das arengas, en forma de columna dourada.
-
adx e s
m