milicia
(< lat militĭa)
-
s
f
[BÉL]
-
Arte ou actividade da guerra.
-
Profesión ou ocupación dos soldados.
-
Prestación persoal que os soldados dan ao exército. OBS: Tamén se emprega a forma apocopada mili para designar a mesma prestación.
-
Tropa de guerra, especialmente aquela que ten un grao de militarización inferior ao do exército. Eran grupos locais formados por civís instruídos ocasionalmente, que só se mobilizaban en caso de guerra. A partir do s XVII desenvolvéronse como forzas auxiliares, reservas ou formacións defensivas, complementarias dos exércitos, que entón xa eran permanentes e asalariados en toda Europa. O feito de que as milicias cidadás de París, creadas en 1789, tivesen un papel relevante na Revolución Francesa produciu un fenómeno mimético nas revolucións liberais. En España, a Milicia Nacional foi creada polas Cortes de Cádiz en abril de 1814, mediante Real Decreto, que foi anulado por Fernando VII o 4 de maio de 1814. Restableceuse durante o Trienio Constitucional (1820-1823) e tivo un papel destacado. Coa restauración absolutista disolveuse e ao comezar as Guerras Carlistas renaceu como milicia urbana. Despois da guerra transformouse en forza ao servizo dos progresistas, polo que o moderado Luis González Bravo a desarmou en 1844, e foi abolida pola Constitución de 1845. A Constitución de 1869 creou unha milicia cidadá dos gardas da liberdade que, baixo a Primeira República Española, se transformou en voluntarios da liberdade (1873).
-
-
[HIST]
-
s
f
Conxunto de persoas que loitan ou están dispostas a loitar por un ideal.
-
milicias populares
Forzas compostas por elementos civís armados durante a Guerra Civil Española (1936-1939) que xeralmente dispoñían de asesores militares e que foron organizadas por grupos políticos de esquerdas e polas organizacións sindicais. Os primeiros meses tiveron un papel importante porque permitiron facer fronte á rebelión militar.
-
milicias provinciais
Reserva militar que organizou a Real Ordenanza do 31 de xaneiro de 1734 de Filipe V. Formábana 31 rexementos, 42 en 1766, formados por oficiais profesionais, armados polo Estado. En 1835 a milicia provincial foi asimilada pola infantaría.
-
s
f
-
s
f
[RELIX]
Conxunto de anxos.