Mill, John Stuart
Mill, John Stuart
Filósofo, fillo de James Mill. Combinou o empirismo coa socioloxía de Saint-Simon e de Comte e o idealismo hegeliano. Foi membro da Cámara dos Comúns (1865) e loitou contra o dogmatismo e o absolutismo desde unha postura progresista. A System of Logic (1843) é un ataque contra toda fundamentación metafísica dos principios e as leis universais que, segundo a súa teoría, son produto da indución, único proceso lóxico válido. En Principles of Political Economy (1848) propugnou un individualismo liberal que non deixou de acoller algunhas esixencias socialistas. Defensor entusiasta da liberdade en todos os campos, escribiu tamén On Liberty (1859), Subjection of Women (1869) e Autobiography (1873).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Londres -
Deceso
Lugar : Aviñón