Miller, Arthur
Dramaturgo. É un dos realizadores teatrais máis importante da súa época, e o tema predominante das súas obras é o conflito entre o protagonista e as normas da súa sociedade. Ten un estilo sinxelo e coloquial, orixinado pola conciencia social do autor e a compaixón polos máis desfavorecidos. Escribiu Focus (1945), un ataque contra o antisemitismo; All My Sons (1947), onde denuncia o cinismo dos fabricantes de armas; Death of a Salesman (1949, Premio Pulitzer e Premio da Crítica Dramática de Nova York), A View from the Bridge (1955), o guión cinematográfico do filme The Misfist (1960), protagonizado pola súa segunda muller Marilyn Monroe; The Price (1968), Up from Paradise (1974), Elegy for a Lady (1983) e The Last Yankee (1992). Recibiu o Praemium Imperiale (2001) e o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (2002).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nova York