Minas de Riotinto

Minas de Riotinto

Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado na cabeceira do río Tinto (4.621 h [2001]). O nome provén das minas de pirita de ferro e cobre descubertas no 800 a C e explotadas polos romanos. Coñecidas por suecos e ingleses, no s XIX eran as primeiras produtoras mundiais de cobre, en 1954 foron adquiridas pola banca española e no seu contorno creouse un complexo metalúrxico e químico.