Mindel
Mindel
[XEOL]
Segunda glaciación do Cuaternario, iniciada hai 500.000 anos e rematada 100.000 anos despois. Recibe o nome do río Mindel, afluente do Danubio. Identifícase por unha serie de depósitos fluvioglaciares do antepaís alpino. Correspóndese coa glaciación americana de Kansas e Saale no N de Europa.