Mindoro

Mindoro

Illa de Filipinas situada ao S de Luzón (10.245 km2; 669.369 h [estim 1984]). O interior é moi montañoso (Halcon 2.590 m) e está cuberto de bosque. Na ampla chaira litoral cultívanse arroz e coco. A principal cidade é Calapan (33.060 h).