ministeriat*
ministeriat*
s
m
[HIST]
Sistema de goberno implantado en Francia durante algúns períodos do Antigo Réxime, que se baseaba na preponderancia dun ministro que dependía directamente do rei. Instaurado en 1624 por Luís XIII e o cardeal Richelieu, desapareceu baixo o reinado de Luís XIV e reapareceu con Luís XV e o cardeal Fleury (1726-1743).