Miñor
Miñor
Río da vertente atlántica, que nace na serra do Galiñeiro, na parroquia de Peitieiros e baña as de Morgadáns, Gondomar e Mañufe (Gondomar) para pasar a formar primeiro o límite natural entre os concellos de Gondomar e Nigrán, e seguidamente o de Nigrán e Baiona. Desemboca en esteiro na ría de Baiona, tras un percorrido de 16 km. O seu afluente máis importante é o Zamáns.