mira
(< mirar)
-
Río que nace na parroquia de Erbecedo (Coristanco) e baña parte do concello de Santa Comba, onde desemboca pola dereita do Xallas.
-
-
s
f
Peza de certos instrumentos, máquinas ou armas que serve para dirixir unha visual cara a un punto concreto.
-
punto de mira
[BÉL]
Pequena prominencia metálica fixada no cabo das armas de fogo para asegurar a puntaría en dirección ou deriva e, en alcance, mediante a alza.
-
mira telescópica
[BÉL]
Dispositivo óptico que serve para apuntar cunha arma de fogo a gran distancia.
-
s
f
-
s
f
-
Acción de dirixir a mirada cara a aquilo que se quere tocar ou conseguir.
Ex: Botoulle unha mira á bicicleta cando pasou por diante da tenda.
-
Intención ou obxectivo que se pretende alcanzar. OBS: Úsase sobre todo en plural.
Ex: Non sabemos cáles son as súas miras con respecto a isto.
-
-
s
f
[XEOG]
-
Regra graduada, de 4 m de lonxitude, que se coloca verticalmente nos puntos do terreo que se queren nivelar para sacar visuais do nivel ou do teodólito e ler ángulos ou distancias.
-
Sinal cara ao que o observador dirixe unha visual ao alzar un plano, ou ao facer unha nivelación ou unha medida.
-
-
s
f
[CONSTR]
Cada unha das regras verticais que se poñen nos extremos dun muro ou parede cando se está a construír, entre as que se coloca un cordel que serve de guía para a colocación das fileiras de material.
-
s
f
[CONSTR]
Abertura ou lente dunha porta para ver a través dela.
-
s
f
[BÉL]
Obra avanzada nunha fortaleza que permite ver ben o terreo.
Frases feitas
-
Con miras a. Con intención de algo. Ex: Comprouno con miras a regalarllo ao seu irmán.