mira

mira

(< mirar)

    1. s f

      Peza de certos instrumentos, máquinas ou armas que serve para dirixir unha visual cara a un punto concreto.

    2. punto de mira [BÉL]

      Pequena prominencia metálica fixada no cabo das armas de fogo para asegurar a puntaría en dirección ou deriva e, en alcance, mediante a alza.

    3. mira telescópica [BÉL]

      Dispositivo óptico que serve para apuntar cunha arma de fogo a gran distancia.

  1. s f
    1. Acción de dirixir a mirada cara a aquilo que se quere tocar ou conseguir.

      Ex: Botoulle unha mira á bicicleta cando pasou por diante da tenda.

    2. Intención ou obxectivo que se pretende alcanzar. OBS: Úsase sobre todo en plural.

      Ex: Non sabemos cáles son as súas miras con respecto a isto.

  2. s f [XEOG]
    1. Regra graduada, de 4 m de lonxitude, que se coloca verticalmente nos puntos do terreo que se queren nivelar para sacar visuais do nivel ou do teodólito e ler ángulos ou distancias.

    2. Sinal cara ao que o observador dirixe unha visual ao alzar un plano, ou ao facer unha nivelación ou unha medida.

  3. s f [CONSTR]

    Cada unha das regras verticais que se poñen nos extremos dun muro ou parede cando se está a construír, entre as que se coloca un cordel que serve de guía para a colocación das fileiras de material.

  4. s f [CONSTR]

    Abertura ou lente dunha porta para ver a través dela.

  5. s f [BÉL]

    Obra avanzada nunha fortaleza que permite ver ben o terreo.

Frases feitas

  • Con miras a. Con intención de algo. Ex: Comprouno con miras a regalarllo ao seu irmán.

Formas incorrectas

mirilla

Palabras veciñas

mira | Mira | Mira | mira | Mira | Mira Ceti | Mira de Amescua, Antonio