Mirador Galaico

Mirador Galaico

Semanario que se publicou en Ourense entre o 9 de marzo e o 2 de novembro de 1963. Fundado e editado por iniciativa de Luís López, director de Publicidad Central, tivo carácter cultural e publicitario. Continuador de Fin de Semana, estivo dirixido por Ángel Huete e Heriberto Quesada Porto. Incluíu notas de sociedade, noticias e literatura, a cargo de Pura Vázquez, Xosé A. Valente, Carlos Casares, Álvaro Cunqueiro, Luís Pimentel ou Victoriano Taibo.