Moreira, casa-torre de

Moreira, casa-torre de

Construción situada en Fontecuberta (Palas de Rei). A fachada está constituída por dúas edificacións de planta cadrada unidas por un soportal que conta cunha escaleira de balaustrada de granito. Os muros son de cantaría regular e a cuberta é a dúas augas. Na edificación orixinal contaba cunha torre que xa non está.