Moreira Moreiras

Moreira Moreiras

Escultor e pintor. Activo en Galicia, tallou por encargo do antigo convento de Cambados unha imaxe da Concepción (1582). En 1585 realizou o retablo para a igrexa de Santa María de Teo e en 1590 un Crucifixo para o altar da cruz da capela da Concepción na catedral de Santiago de Compostela.