Moreiras
Moreiras
Antigo concello anexionado ao de Xinzo de Limia en 1822. Durante o Antigo Réxime foi unha parroquia de Xinzo de Limia, baixo o señorío do conde de Monterrei. Coa división municipal de principios do s XIX, converteuse en concello adscrito ao partido xudicial de Xinzo de Limia. Coa reordenación de Galicia en catro provincias (1822), pasou a depender da Deputación de Ourense que non o recoñeceu como concello.