Moreno Manzano, Salvador

Moreno Manzano, Salvador

Compositor e musicólogo. Formouse con Carlos Chávez e presidiu a Asociación Musical Manuel M. Ponce. Investigador especial do Instituto de Investigaciones Estéticas da Universidad Nacional Autónoma de México, especializouse no estudo do academicismo e o romanticismo artístico. Da súa produción destacan a ópera Severino (1961), a monografía Antonio Fabrés (1977) e o ensaio El sentimiento de la música (1986).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Orizaba, Veracruz

  • Deceso

    Lugar : México