Moreno Márquez, María Victoria
Escritora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidad de Madrid, especializouse en obras didácticas e literarias, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil. No apartado pedagóxico destaca a escolma poética Os novísimos da poesía galega (1973), o libro de texto Literatura galega século XX (1981), en colaboración con X. Rábade Paredes; e os cadernos didácticos As linguas de España (1991) e Verso e prosa (1991). No eido da tradución, ademais das versións que outros autores realizaron das súas obras, publicou El perro Rin y el lobo Crispín (1986), de Carlos Casares; Mecanoscrito da segunda orixe (1989), de Manuel de Pedrolo; Os ollos do dragón (1989), de Mª Angels Gordella; e As mazás da prosperidade (1991), de Hans C. Andersen. No apartado creativo, ademais de participar no volume colectivo Lerias (1991), destacan Alcores de Donalvar (1969), Mar adiante (Historia de nenos pra nenos) (1973), Contos pra nenos (1979), Leonardo e os fontaneiros (1986, Premio Barco de Vapor), A festa no faiado (1986), Sopitas con canela (1986), Anagnórise (1988), O cataventos (1989), Querida avoa (1992), Relatos para un tempo novo (1993), Un cachiño de bica? (1994), E haberá tirón de orellas? (1997), A brétema (1999) e Guedellas de seda e liño (1999). Foi premiada nos Jogos Florais de Guimarães (1971) e gañou o premio do Concurso de Contos Infantís O Facho (1972 e 1974).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Valencia de Alcántara, Cáceres