Morf, Heinrich

Morf, Heinrich

Romanista suízo. Foi profesor das universidades de Berna, Zúric, Frankfurt auf Main e Berlín. Elaborou novas metodoloxías no campo da xeografía lingüística, das que destaca a importancia dos límites eclesiásticos (Zur sprachlichen Gliederung Frankreichs, Sobre a fragmentación lingüística en Francia, 1911) e tamén traballou sobre as literaturas románicas en xeral (Die romanischen Literaturen, As literaturas románicas, 1909).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hofwil

  • Deceso

    Lugar : Thun