morfoclimático -ca
morfoclimático -ca
(< morfo- + climático)
adx
[XEOG]
Aplícase á modelaxe en que a morfoloxía ten estreita relación cos diferentes elementos do clima. Así, o relevo evoluciona principalmente en función á zona climática á que pertence e o clima convértese nun factor capaz de marcar a dinámica e a configuración xeomorfolóxica.