morfoloxía
(< morfo- + -loxía)
-
s
f
[BIOL]
Parte da bioloxía que estuda a forma e a estrutura dos seres vivos, intenta explicar a disposición e a estrutura dos órganos, aclara o seu significado biolóxico e axuda na investigación da adaptabilidade e a reacción ante o medio.
-
s
f
[LING]
Parte da gramática tradicional que estuda as formas das palabras, independentemente das súas relacións ou funcións na frase ou oración, que constitúen o obxecto da sintaxe. A morfoloxía divídese en flexiva cando se dedica ao estudo das flexións gramaticais e léxica cando estuda o proceso de formación de palabras. A gramática clásica reservaba o termo flexión para designar a morfoloxía, e diferenciaba, ademais, outras dúas partes: derivación (ou formación de palabras) e sintaxe.
-
s
f
[XEOG]
Forma do relevo terrestre.
-
s
f
Estudo das formas de calquera ciencia, ámbito ou materia.
-
morfoloxía agraria
[AGR]
Forma que amosa a concentración parcelaria dun territorio.
-
morfoloxía urbana
[URBAN/XEOG]
-
Parte da xeografía urbana que estuda a forma das cidades.
-
Aparencia externa da cidade, formada pola trama das rúas e os espazos urbanos que orixinan o plano da cidade, polos seus edificios e pola función destas rúas e edificios que lle proporcionan unhas características determinadas de animación.
-
-
morfoloxía vexetal
[BOT]
Parte da botánica que estuda a estrutura e a forma das plantas e que inclúe a citoloxía, a histoloxía e a organografía vexetais.