Morley, Thomas
Morley, Thomas
Compositor, escritor e editor británico. Discípulo de William Byrd, foi organista da catedral de Saint Paul de Londres e gentleman da Capela Real (1592-1602), compuxo obras propias e realizou un importante labor teórico. Da súa produción musical destacan Consort Lessons (1599), Canzonets e diversos madrigais. Tamén publicou o tratado Plaiin and Easy Introdution to Practical Music (1597).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Norwich -
Deceso
Lugar : Londres