Morris, William

Morris, William

Artista, escritor e político británico. A partir de 1878 organizou na súa casa un vasto complexo de creación artesá: vidreiras, papeis pintados, tea, mobles e, especialmente, libros de tirada reducida. Convencido de que unha arte nova só podería darse nunha nova sociedade, a partir de 1880 intensificou a súa actividade política. En 1884 foi un dos fundadores da Socialist League, pero pouco a pouco foi superando as posicións anarquistas e adheriuse abertamente ao sindicalismo e ao parlamentarismo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Walthamstow, Essex

  • Deceso

    Lugar : Hammersmith, Londres