Moschus
Moschus
[ANIMAL]
Xénero de mamíferos artiodáctilos, da familia dos cérvidos, que inclúe a especie M. moschiferus, de ata 1 m de altura. Non ten cornos, e presenta uns caninos moi desenvolvidos. Caracterízase polo feito de ter unha glándula prepucial cunha bolsa onde almacena o almiscre. Habita nas montañas de India, o Tibet e Siberia, e cázase moito para aproveitar o almiscre.