Moure Mariño, Luís

Moure Mariño, Luís

Xurista e xornalista. Foi fundador do semanario La Libertad, notario en diferentes vilas ourensás e cronista oficial de Monforte de Lemos. Exerceu o xornalismo nos primeiros anos da Guerra Civil Española en Radio Nacional de España e foi un asiduo colaborador de prensa, especialmente a de Galicia, como Irmandade, Mundo Gallego e A Nosa Terra. Da súa abundante bibliografía cómpre salientar Perfil humano de Franco (1938), El hidalgo de Vilamor (1939), Galicia en la guerra (1939), Fantasías reales: almas de un protocolo (1961), traducida ao galego en 1993 como Fantasías reais; Sempre matinando (1971), Temas gallegos (1979), con prólogo de Xosé Mª Castroviejo; Arredor da lareira (1980), La desigualdad humana (1982), El Pleito y otras narraciones (1988), La generación del 36: memorias de Salamanca y Burgos (1989), Un feixe de contos (1990), con ilustracións de Xaquín Trujillo; La Corona de fuego y otras leyendas (1991), Últimas cartas de amor (1992), A Galicia prodixiosa: as ánimas, as bruxas, o demo (1992), con ilustracións de X. Trujillo; Los señores abades (1995) e Apuntes para la historia de Monforte (1997). Recibiu o Premio Luca de Tena (1940), o Premio Fernández Latorre de xornalismo (1959) e a Medalla Castelao (1990).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Escairón

  • Deceso

    Lugar : A Coruña