mourillón

mourillón
Nome científico: [Agrostemma gihtago, Fam das cariofiláceas]
s m [PLANTA]

Planta anual, con talo ergueito de ata 100 cm, recuberta de longos pelos agrisados. As follas son lineais, de 5 a 12 cm, algo unidas na base. O calice é piloso, de 3 a 7 cm, sendo o tubo máis curto ca os dentes, que a miúdo son caducos. Os pétalos son purpúreos. Atópase na parte oriental de Galicia, en especial como herba ruín en leiras de cultivo.