mourisca

mourisca

(< mouro)

s f [MÚS]

Danza pantomímica dos ss XV-XVII, moi frecuente na Península Ibérica e en Francia. Había dous tipos, unha danza para o solista e outra para os grupos que representaban os mouriscos e os cristiáns. Consérvanse restos no folclore e foi incorporada en obras clásicas renacentistas.