Mourisca, pazo da
Mourisca, pazo da
Construción situada en Chaín (Gondomar). O edificio orixinal tiña planta rectangular pero adoptou forma de L tras a reforma que sufriu despois dun incendio. Foi propiedade dos Castro e ten dous andares. Na fachada sur destaca a solaina e na fachada leste un patín que foi tapiado. Na porta principal conserva unha inscrición coa data de 1628 e dous escudos coas armas dos Pereira de Castro. Nos arredores conta cunha capela dedicada á Virxe da Soidade fundada polos Castro e reformada en 1900.