mourisco -ca

mourisco -ca

(< mouro)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos mouriscos.

  2. s [HIST]

    Descendente dos musulmáns andalusís que continuou vivindo na Península Ibérica tras a Reconquista. Xuridicamente estableceuse unha distinción entre mouriscos e mudéxares segundo estivesen bautizados ou non, pero a documentación da época non a recolle. A súa distribución xeográfica dependeu de como se levou a cabo a Reconquista, e polo xeral continuaron nos lugares de orixe, con excepción dos de Granada, que foron expulsados a consecuencia da Revolta de Las Alpujarras (1568-1570). En xeral habitaban nas áreas rurais, dedicados á agricultura e á artesanía, ou reclusos dentro duns barrios especiais nas zonas urbanas. Conservaron o Islam, a lingua árabe e os costumes xurídicos musulmáns. Odiados e temidos polos cristiáns vellos, a súa expulsión da Península Ibérica decretouse o 9 de abril de 1609.

  3. s

    ariedade de liño máis escuro ca o normal.

Palabras veciñas

Mourisca, pazo da | Mouriscados | Mouriscas | mourisco -ca | mourisma | mouro -ra | Mouro, torre do