Mozos Turcos

Mozos Turcos

Movemento político turco, creado en 1868, que propugnaba a europeización do estado otomán. Ao suspender Abdülhamit II (1878) a constitución que el mesmo outorgara en 1876, algúns oficiais do exército de Macedonia, entre eles Mustafà Kemal, uníronse ao grupo inicial, e este movemento tomou un carácter netamente nacionalista. Unha segunda revolución, en 1909, substituíu a Abdülhamit por Mehmet V. Finalmente (1913) o goberno pasou oficialmente a mans dos Mozos Turcos, cun triunvirato formado por Enver Paxá, Mehmed Talât Paxá e Mustafà Kemal.