muciano -na
muciano -na
(< antropónimo Pluvio Mucio Escévola)
-
Relativo ou pertencente ao xurista romano Pluvio Mucio Escévola.
-
presunción muciana
[HIST/DER]
Promesa ou garantía que se realiza por vía de estipulación, en virtude da que os legatarios instituídos baixo condición potestativa negativa poden entrar en posesión inmediata do obxecto legado, comprometéndose a restituír a herdanza aos coherdeiros ou substitutos, ou unha parte da que lles correspondía, se a condición se cumpría.