Mukačiv
Mukačiv
Cidade da oblast’ de Transcarpacia, Ucraína (88.000 h [estim 1988]). Situada no extremo NL da chaira húngara, preto dos Cárpatos nas beiras do río Latorica. Fortaleza dos reis de Hungría, incorporouse a Checoslovaquia en 1918 e foi novamente húngara de 1938 a 1945, en que foi ocupada polos soviéticos.