múlido -da

múlido -da

(< lat científico Mullus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos múlidos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos múlidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes, da orde dos perciformes, que se caracterizan pola presenza de dúas aletas dorsais bastante separadas, aletas pelvianas en posición torácica, perfil cefálico moi inclinado, dúas barbadelas na mandíbula e os ollos moi grandes e en posición moi alta. Viven nos mares tropicais e temperados. Destacan o Mullus barbatus (salmonete da lama ou común) e o Mullus surmuletus (salmonete de pedra).

Palabras veciñas

Mulhouse | mulida | mulido | múlido -da | Mulier, Pieter | mulime | mulir