Münchhausen, Karl Friedrich Hieronymus
Münchhausen, Karl Friedrich Hieronymus
Militar alemán, conde de Münchhausen. Estivo ao servizo de Rusia, loitou contra os turcos e fíxose famoso polas fanfurriñadas que contaba. Converteuse así nun personaxe lendario e protagonista das famosas Aventuras do Barón Münchhausen, traducidas a varios idiomas e das que se fixeron diferentes adaptacións cinematográficas. Por analoxía coa súa actitude, a patoloxía médica chamada síndrome de Münchhausen define aquela situación clínica en que os trastornos que comenta o paciente son fiticios.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bodenwerder, Baixa Saxonia -
Deceso