Munda, Batalla de
Munda, Batalla de
Enfrontamento que tivo lugar en Munda, cidade da Bética (Hispania), en marzo de 45 a C, entre os últimos pompeianos, dirixidos por Cneo Pompeio e Caio Xulio César. Este conseguiu poñer en fuga aos seus inimigos, e a cidade, unha vez conquistada, foi saqueada e destruída.