Mundo Obrero, El
Mundo Obrero, El
Diario e órgano informativo do Partido Comunista de España. Fundado como publicación independente en agosto de 1930, converteuse en diario e órgano oficial do PCE en novembro de 1931. Foi suspendido despois dos acontecementos de outubro de 1934 e reapareceu en xaneiro de 1936. Continuou coa publicación clandestina ata finais de 1978, e desde entón ten periodicidade mensual.