Münster
Münster
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (264.670 h [2000]). É o centro rexional dunha rica rexión agrícola que envía os seus produtos á conca do Ruhr. Xurdida arredor dun mosteiro, foi erixida en sé episcopal por Carlomagno (802), e no s XIII entrou na Liga Hanseática. Foi posesión da Reforma a partir de 1529, e centro dun singular experimento político-relixioso ata que, asediada polo bispo Franz von Waldeck (1535), volveu ao catolicismo. En 1803 pasou a formar parte de Prusia.