Muñoz Seca, Pedro

Muñoz Seca, Pedro

Comediógrafo. Foi o creador dun tipo de teatro denominado astracanada, de estrutura dramática moi simple, con predominio de xogos de palabras e ocorrencias fáciles. Moi prolífico, da súa produción destacan as parodias La venganza de don Mendo (1919), Anacleto se divorcia (1921), Los extremeños se tocan (1926) e Calamar (1927), e as sátiras antirrepublicanas La oca (1931) e Jabalí (1932).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Puerto de Santa María

  • Deceso

    Lugar : Paracuellos del Jarama