Muradelle, San Paio de
Muradelle, San Paio de
Igrexa parroquial situada en Chantada. Construíuse en estilo románico durante o século XII. Consta dunha única nave, con muros de cantaría de granito e cuberta a dúas augas, e dunha ábsida cuadrangular. No lado sur, leva anexada unha capela. Durante o s XVIII reedificouse, de xeito que se construíu unha nova ábsida e a capela, que se comunica interiormente coa nave. Da factura románica só se conserva o muro frontal, rematado en espadana con dous vans e dúas portadas: a principal, con arco de medio punto con arquivoltas e tímpano historiado, e a portada norte, da que sobresae o dintel pentagonal.