muralismo

muralismo

(< mural)

  1. s m [ARTE]

    Conxunto de técnicas pitóricas de decoración desenvolvidas sobre o propio muro ou sobre un soporte de lenzo, táboa ou papel, empregado para a decoración mural.

  2. muralismo mexicano [ARTE/HIST]

    Movemento artístico xurdido en México en 1910, como defensor dunha arte pública, popular e revolucionaria. Impulsado polo secretario de Educación, José Vasconcelos, foi apoiado polo Sindicato de Trabajadores Técnicos, Pintores y Escultores (1922). Rexeitaba a dependencia artística de Europa e o emprego do cabalete e caracterizouse pola produción de obras monumentais que retratasen a realidade do país, revalorizando o seu pasado aborixe, as loitas sociais e os aspectos característicos da súa historia. Empregouse como decoración en hospitais, bibliotecas e edificios gobernamentais, especialmente durante a Revolución Mexicana. Desde 1930, estendeuse a outros países de América. Os representates máis destacados foron Diego Rivera, José Clemente Orozco e David Alfaro Siqueiros.

Palabras veciñas

Muraena | mural | Mural, O | muralismo | muralista | muralla | Muralla