muralla

muralla

(< ital muraglia)

  1. s f [CONSTR/HIST]

    Conxunto de muros que forman unha cerramento ou unha barreira, xeralmente con fins defensivos, e que sufriu modificacións de acordo coa capacidade ofensiva do armamento. Así, ao aparecer a pólvora, rebaixouse o alzado para ofrecer un branco menor e ampliouse a anchura para poder soportar as pezas. Durante a Antigüidade e a Idade Media, as cidades, a imitación dos castelos, circundáronse con murallas defensivas compostas polos mesmos elementos ca os das murallas dos castelos. Conserváronse ata o s XVIII e foi no XIX, coas novas técnicas defensivas e a chegada de grandes contixentes humanos ás cidades froito da Revolución Industrial, cando estas medraron e se espallaron fóra dos muros.

  2. s f

    Aquilo que ofrece resistencia e actúa como o impedimento ou a barreira dalgunha cousa.

Palabras veciñas

Mural, O | muralismo | muralista | muralla | Muralla | Muralla, Gran | Muramvya