musa
(< lat musa < gr μουσα)
-
s
f
[MIT]
Cada unha das nove fillas de Zeus e de Mnemósine, segundo a mitoloxía grega. Divindades do canto e da danza, o seu número e nomes foron xa fixados na teogonía hesiódica. A orixe do seu culto parece estar en Olimpo, na rexión de Pieria, ou no Helicón, diante do Parnaso, onde estaba a fonte Hipocrene, obra do cabalo alado Pegaso. Na época helenística foille asignada a cada unha delas unha función determinada: a Clío, a poesía épica e a historia; a Urania, a poesía didascálica e a astronomía; a Melpómene, a traxedia; a Talía, a comedia; a Terpsícore, a poesía coral e a danza; a Erato, a poesía amorosa, a xeometría e o mimo; a Calíope, a poesía elexíaca; a Euterpe, a poesía monódica e a aulética; e a Polimnia, a danza e o canto sagrado. En Roma, foron identificadas coas camenas. Nalgunhas moedas veñen representadas coa lira, o rolo de papel, a cítara, a dobre frauta, a máscara tráxica, a máscara cómica e o globo.
-
s
f
[LIT]
Inspiración artística, especialmente a poética.
-
s
f
[LIT]
Tema, fonte ou sentimento que inspira a un artista, especialmente a un poeta.