musáceo -a
musáceo -a
(< lat científico Musa, xénero de plantas)
-
adx
Relativo ou pertencente ás musáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das musáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas, da orde das zinxiberais, integrada por unhas 80 especies tropicais de herbas perennes, normalmente arborescentes, de follas alternas moi grosas, de flores trímeras, hermafroditas ou unisexuais, co periantio corolino e polo miúdo gamófilo, dispostas en réxime, e de froitos en baga, xeralmente fariñosa.