Museo Nacional de Escultura
Museo Nacional de Escultura
Museo de titularidade estatal situado no antigo colexio de San Gregorio e noutros edificios próximos, en Valladolid. O núcleo primitivo das súas coleccións procedía das desamortizacións levadas a cabo nos conventos de Valladolid e proximidades, ás que se engadiron posteriormente adquisicións estatais, co fin de completar unha visión global da escultura española con todos os seus matices. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.