Museros

Museros

Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (4.167 h [2001]). A súa economía baséase sobre todo no sector dos servizos e na industria, que recibiu gran dinamismo coa construción dun polígono industrial. Na agricultura, que se atopa en recesión, cabe destacar o regadío, con gran predominio dos cítricos, mentres que o secano se reduce practicamente á alfarobeira.