Muxicas

Muxicas
[MÚS]

Grupo de música tradicional creado en Vigo en 1978 no seo da agrupación folclórica Lembranzas Galegas. Inicialmente estaba dirixido por Nazario González Iglesias, Moxenas, que compuxo numerosos temas de tipo tradicional para o grupo. Estaba formado por dúas gaitas, un tamboril, un bombo e unha pandeireta. En 1981 organizou o I Festival Folklórico de Inverno de Vigo e sacou o seu primeiro disco Parolada. Á morte de Moxenas incorporou novos músicos e ampliou o seu repertorio tradicional. Da súa discografía destacan Muxicas (1986),   Escoitando medra-la herba (1992), Naturalmente (1998) e o recompilatorio 20 anos de camiño (1999).