Nicosia
Nicosia
Capital de Chipre e do distrito homónimo (195.000 h [1998]). Situada no interior da illa, na chaira de Mesaria e na ribeira do río Pedieos, é un importante centro comercial e un núcleo industrial. É sede do goberno da illa e do arcebispado da igrexa autocéfala de Chipre. Factoría comercial dos latinos durante as cruzadas, pasou á familia dos Lusignan en 1192, quen a converteu en capital do seu reino e lle deu o nome. Ocupada polos xenoveses desde 1365, foi recuperada polos Lusignan en 1372 ata que, con toda a illa, pasou aos venecianos (1488). En 1570 caeu en mans dos turcos. Posesión inglesa a partir do s XIX, pasou a ser a residencia do gobernador. Conserva restos de monumentos notables das épocas bizantina e medieval.