Nuno Treez

Nuno Treez

Xograr. Algúns estudos confúndeno, pola proximidade do seu apelido con Freez, con Nuno Fernandez (Torneol?) e mesmo localizan o seu lugar de nacemento entre Narón e Ferrol. Da súa produción consérvanse catro cantigas de amigo, atopadas nos cancioneiros da Ajuda e da Biblioteca Nacional, que se inclúen no subxénero de romaría, como “San Clemenço do mar”, onde fai mención á ermida de San Clemenzo situada en Pontevedra. Tamén se conservan “Des quando vos fostes d’ aqui”, “Estava-m’ en San Clemenço, u fôra fazer oraçon” e “Non vou eu a San Clemenço orar e faço gram razon”. Nas composicións amosa a tristura da muller polo amigo, o seu enfado polo desprezo que ela recibe, a solicitude de axuda ao santo que se mostra pasivo e, finalmente, o regreso do amado. Relacionado coa temática, cómpre salientar a abundancia léxica e a habilidade do autor para penetrar na psicoloxía feminina, o que a fai única no mundo trobadoresco.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra